19/12/2010

Neofalantes. Belén Regueira

Belén Regueira, xornalista da CRTVG, estase a converter en "habitual" no noso blogue. Xa vos convidamos a visualizar a súa intervención na entrega dos Premios Mestre Mateo a prol da nosa língua noutra ocasión. Nesta oportunidade, no colectivo "A nave das ideas", fai unha intervención que é unha brillante ao tempo que divertida "pseudo-conferencia - confesión - parodia" sobre os neofalantes (persoas castelánfalantes que agora son galegofalantes). Botádelle unha ollada:

Neofalantes. Belén Regueira from Sr. Verme on Vimeo.


24/11/2010

Celebramos o Samaín e o Magosto no Busto

O pasado 12 de novembro xuntámonos todas as escolas no Busto para celebrarmos un terrorífico Samaín e un saboroso Magosto. A xornada comezou cun obradoiro de maquillaxe de Samaín e de elaboración de manualidades arrepiantes.


Seguiu cunha peza teatral que contou coa participación dos mestres/as e que deixou a máis dun coa pel de pita. Os alumnos fixeronlle a réplica aos mestres cantando unhas cantigas do Samaín.



Despois, e para repoñerse de tanto susto, degustamos uns exquisitos manxares. Claro que a algún non lle chistou moito ter que comer dedos de bruxa, cadaleitos de morto, ollos de lobo esfameado, pasteis de esqueletes,...

E agardando polas castañas que se estaban a facer, fixemos unha xinkana de xogos "magosteiros". Por fin, cara o final da xornada fóronse achegando as familias para degustar as castañas que asamos alí mesmo. Démoslle remate á xornada bailando todos xuntos (pais/nais, alumnos/as, mestres/as) o baile da castañiña.

16/11/2010

Novo curso, novo blogue

Comezamos a nosa andaina blogueira un pouco tarde este curso, pero é que, como ben sabedes, son demasiadas cousas a que atender no inicio de curso (horarios, programacións,...).


Para abrir este curso deixámosvos o enlace a un novo blogue do centro: EL BAÚL DE LOS DEPORTES, creado por Jose, o mestre de Educación Física e secretario do centro, que se suma tamén ao carro das novas tecnoloxías: benvido compañeiro!!

21/06/2010

O CRA Santa Comba organiza o foro AMCRAGA

Queridos compañeiros e compañeiras de escolas rurais, o próximo venres 25 de xuño agardámosvos en Santa Comba para compartir unha xornada con todos vós. As actividades serán maioritariamente lúdicas e o obxectivo principal será o de establecer relacións que nos axuden a mellorar a nosa práctica docente nun contexto que nos é común a todos.

15/06/2010

Andoriña!!

Xa esta na rúa a nova edición da nosa revista.
Agardamos que vos guste!

30/05/2010

DE VIAXE POLA INDIA...

A India é o segundo país máis poboado do mundo e nel podemos atopar gran cantidade de tesouros culturais. É un país apasionante e coñecelo supón toda unha aventura.
Na escola de San Cristovo estamos viaxando pola India e aprendendo cantidade de cousas: alí a xente ten un grande respeto polos animais (as vacas son animais sagrados!), a vestimenta das mulleres gustounos moito e tamén os adornos que levan os traxes, visitamos monumentos como o Taj Mahal (coa súa fermosa historia de amor), lemos contos tradicionais e tamén aprendimos moito sobre a súa música.

Preme na imaxe para acceder a actividades sobre instrumentos tradicionais da India:


19/05/2010

DECORAMOS A NOSA ESCOLA!

Xa que chegou o bo tempo, decidimos poñer a nosa escola ben bonitiña. Esperemos que non chova para que non marche a pintura. Mirade que linda quedou!




08/05/2010

GalegOlimpíadas

GALEGOLIMPÍADAS


Este ano en Educación Física fixemos unhas olimpíadas de xogos populares, que son os xogos que facían os nosos pais e avós cando tiñan a nosa idade. A verdade é que o pasaban moi ben...
E NÓS TAMÉN!!!


Aquí estamos os nenos de Montouto, Busto e Picotos preparados para a competición... Que ganas de comezar!

Nas escolas fixemos moreas de probas: Carreiras de Sacos, Buxainas, Chapas, Mariola, Salto da Comba, Zancos, O Pano, Petanca...
Nestas fotos, vedes algunhas das competicións que fixemos...
QUE GAÑE O MELLOR!

CHAVE, BOLOS E SOKA-TIRA

O ARO, A MARIOLA E POLIS E CACOS

Diario Acuático

...A HORA DOS GOLFIÑOS

Como cada ano nos meses de Abril e Maio dedicámonos a mellorar as nosas habilidades acuáticas, a ver se dentro de pouco temos sorte e imos aos xogos olímpicos!!!
Este é o noso Diario Acuático.
  • 09:45. Chegada á piscina... Queremos nadar!!!


  • 10:00. Transformación en Peixes, Quencemento e Exaltación da Amizade...
  • 10:30 Listos e dispostos para a inmersión
  • 10:35. Chega a hora de darlle ás aletas... Pero con moita ledicia.

  • 11:10. Despois do traballo, sempre hai un momento de diversión.

  • 11:15. Fotos dos golfiños máis rápidos de Santa Comba, xunto co socorrista en plena acción... QUE POSE!!!

  • 11:20. Hora de saír, pensando xa nas aventuras do seguinte día... Ata a próxima!!!

28/04/2010

O CIRCO DE CRACOVIA CHEGA A SANTA COMBA!


Señores e señoras, benvidos ao espectáculo máis grande do mundo: o circo de Cracovia!

Chegados dende Boaña, e abrindo a comitiva, aquí tendes a banda do noso circo. Escoitade o ben que sonan os seus instrumentos.
Ei vén o noso circo
O circo de Cracovia
Ei ven o noso circo
Xa chegou a Santa Comba.
Ven correndo miña rula
Que a función vai comezare.

A continuación, aquí tendes dando brincos aos alegres malabaristas. Eles chegan dende Busto. Mirade que destreza teñen manexando as cintas, os platos chinos, as pelotas, as cariocas…
E xa están facendo a súa entrada no escenario os magos que chegan dende Freixeiro. Veñen ataviados coas súas capas e as súas chisteras. Non perdades nin un só detalle porque ao velos seus trucos de maxia quedaredes coa boca aberta.
De seguido, chegados dende Montouto, temos con nós os elefantes cos seus domadores. Menudo equilibrio teñen estes animais tan grandóns. Ollade para eles, xiran arredor das dúas patas traseiras, increíble!

E a continuación, dende Picotos, veñen os paiasos do noso circo. Preparádevos para botar unhas boas gargalladas porque son moi divertidos.
E por fin chegou a actuación máis esperada. Con todos vós os leóns coa súa domadora, chegados dende San Cristovo. Ben atentos porque estes leóns van pasar por un aro de lume, impresionante!

Agora agarrádevos ben ás vosas cadeiras porque van facer a súa entrada os feros tigres. Proceden de Malasia, aínda que agora asentaron en San Salvador. Non teñades medo porque a súa domadora, a toque de látigo, consegue que vaian todos en fila pasando por dentro do aro, fascinante!

E aquí remata a nosa función. Esperamos que vos gustase, e o ano que vén voltaremos a Santa Comba. Un forte aplauso para tódolos artistas do gran circo de Cracovia.

SAÍDA A SANTIAGO

O día 23 de Outubro do 2009 fomos ao Auditorio de Galicia a vela obra O CASTELO DA ROCHA VELLA, protagonizada polos monicreques de Kukas en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia.
Rímonos moitísimo e saímos todos encantados para merendar un pouco.
Debaixo dun finísimo orballo, achegámonos ata o Mosteiro de San Martín Pinario para visitar a exposición “GALICIA DIXITAL”, onde poidemos interactuar con creacións audiovisuais e multimedia.
Que cantidade de cousas chegamos a ver e tocar!

27/04/2010

Festa do Nadal

O día 22 de Decembro celebramos a festa do Nadal: todas as escolas do CRA reunímonos na escola de Busto e pasámolo moi ben.
Primeiro fixemos un "CONCURSO TELEVISIVO" que consistía nun taboeiro de xogos titulado:

Con actividades diversas e moi divertidas. Habia 4 equipos : Equipo Verde " Os renos maxicos " , Equipo Amarelo " Os elfos de Papa Noel ", Equipo Vermello " Folerpa de Neve ", Equipo Azul " Barbas Brancas "
Guiados por unhas estupendas azafatas


O final o equipo que gañou, foi o Equipo Vermello " Folerpa de Neve " Tamen tivemos uns artistas invitados que eran os profesores disfrazados








Carlos Baute e Marta Sanchez Miguel Bose e Bimba Bose

Fito Nena da Conte
Bisbal Chiquilicuatre e a suas chicas
Rosana Bob Esponja
Andres Dobarro Julieta Venegas

¡¡ Cantos artistas chegaron a Santa Comba !!

Despois visitounos PAPA NOEL que entregounos a todos un agasallo, por último comemos productos típicos do Nadal : mazapáns, polvorons, .. etc. e ! CHOCOLATE ¡ !! QUE GUAY ¡¡ solo nos faltaron os CHURROS.

FOI UN DIA DE CONVIVENCIA DE TODO O C.R.A. E MOI DIVERTIDO. PASAMOLO MOI BEN.